A Xunta de Galicia anuncia ter xa adxudicado o 68 por cento do solo empresarial de Morás

Un total de 650.000 metros cadrados dos 950.000 proxectados no parque empresarial de Morás, en Arteixo, xa teñen dono. Así o subliñou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante unha visita ao polígono coruñés. En total o 68,5% da superficie proxectada en Morás está adxudicada, antes incluso de que se teñan completado as obras da primeira das catro fases previstas neste ámbito. Para responder a ese interese amosado polo tecido empresarial, avanzou que antes de que finalice o ano as obras de urbanización da primeira fase do polígono estarán rematadas.

En total, o investimento realizado pola Xunta ata o momento en Morás ascende a 73 millóns de euros, é dicir, máis do 70% dos 101 millóns comprometidos para completar o desenvolvemento das catro fases en que se divide este parque empresarial. Así mesmo e co fin de adxudicar o solo que continúa dispoñible na primeira fase do polígono –uns 135.000 metros cadrados- a Consellería de Medio Ambiente ten previsto convocar este mesmo ano un concurso de venda de parcelas para, unha vez esgotada esta superficie e en función da demanda que siga existindo, analizar a execución das fases tres e catro.

Fonte: Instituto Galego da Vivenda e Solo

Fecha publicacion: 
2019-09-24 15:15:00
Subir