Áreas empresariais

 

O solo empresarial de Galicia

 

Segundo os datos recollidos no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG), aprobado en 2014, existen en Galicia 206 áreas empresariais en funcionamento, as cales suman unha superficie total de 54 877 857 m2, repartidos entre as nosas catro provincias. Esta información inclúe tamén a contabilización das áreas industriais que naceron á marxe do planeamento oficial, 18 en total en toda Galicia, que suman unha superficie total de 4 716 539 metros cadrados.

Pola súa banda, a superficie neta, a que se divide finalmente en parcelas e empregan as empresas para a instalación das súas infraestruturas, sería de 34 660 118 m2, dos cales 4 716 539 se corresponderían coas áreas industriais á marxe do planeamento.

En total, o PSOAEG contabiliza no 2014 un total de 4 155 428 m2 de superficie dispoñible para a súa venda en Galicia

 

 

 

     Mapas dinámicos dos parques e áreas empresariais

 

 

 

     Mapas dinámicos das superficies dos parques e áreas empresariais por concello

 

     Máis información sobre áreas empresariais de promoción pública en Galicia

Subir