Os directorios de axentes do Observatorio teñen dous obxectivos principais: promover os propios axentes que actúan no ámbito do solo empresarial divulgando as súas actividades e servizos, e facilitarlles ás empresas e persoas interesadas a busca e a selección inicial do axente que máis se axuste ás súas necesidades.
Os apartados que recolle a sección de directorios son os seguintes:
- Promotores.- Entidades e empresas iniciadoras e financiadoras na creación de solo empresarial
- Entidades xestoras.- Organismos e entidades de xestión e conservación dos parques e as áreas empresariais
- Empresas.- Empresas que proporcionan produtos e servizos relacionados co solo empresarial
- Outras entidades.- Asociacións, colectivos empresariais e outras entidades interesadas no solo e no desenvolvemento empresarial
O directorio amosa unha información básica de contacto de cada axente e un enlace ao seu portal en internet. As entidades poderán cambiar a información da súa entidade cando o consideren. O Observatorio anualmente realizará unha comunicación cos axentes para revisar (e actualizar, se fose preciso) a información. O Observatorio non se fai responsable da información desactualizada, se a entidade non proporcionou a súa actualización. Figurar nos directorios é voluntario e non ten vinculación xurídica ningunha.
Para formar parte dos directorios de axentes débese cubrir un pequeno formulario de recollida de datos.
Ligazón.- Formulario de recollida de datos para os directorios de axentes
REXISTRARSE |
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE O TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia. Xestión do Solo de Galicia - XESTUR, S.A. |
Finalidades do tratamento | Tramitar a súa solicitude de alta como interesado en figurar nos directorios de entidades do Observatorio do Solo Empresarial de Galicia |
Lexitimación para o tratamento | Consentimento da persoa interesada |
Destinatarios dos datos | Non se prevén comunicacións dos datos a terceiros |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, a rectificación e a supresión dos seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Delegado/a de protección de datos e máis información |
https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |