Solo dispoñible

 

O solo empresarial dispoñible en Galicia

De entre a superficie neta que recolle o Plan sectorial de áreas empresariais de Galicia de 2014, un total de 34 660 118 metros cadrados, atopábanse dispoñibles para a venda no 2014 uns 4 155 428.

Destes, gran parte foron promovidos pola empresa pública Xestur e o Instituto Galego de Vivenda e Solo, e moitos aínda contan con espazos dispoñibles para a venda.

Ademas, contabamos en Galicia en el año 2014 con 35 áreas empresariais en execución, as cales se atoparían actualmente en funcionamento e, probablemente, con superficie á disposición de posibles empresas interesadas. Por outra banda, o PSOAEG recolle tamén 170 parques empresariais que se atopaban por aquel entón en fase de estudo ou tramitación.

Con intención de saber cal é o estado actual destes parques, coñecer e localizar a superficie de solo dispoñible para a súa comercialización en Galicia e axudar na concepción de futuros plans estratéxicos para o solo industrial, a Xunta de Galicia, apoiada no Instituto Galego de Vivenda e Solo, promulgou a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

A través desta, establécese a creación dun censo de solo empresarial de Galicia, no que todas as áreas empresariais promovidas nesta comunidade que conten con superficie dispoñible para a súa comercialización deberán ser inscritas, así como as áreas previstas para o seu inmediato desenvolvemento. Será a partir deste censo, que acadará a fase de revisión pública proximamente, cando comecen a publicarse os resultados nesta sección do Observatorio do Solo Empresarial de Galicia. No momento actual o mapa de solo dispoñible para a venda só recolle información  de Xestur Galicia S.A.

 

 

 

     Mapa de solo dispoñible para a venda

 

 

 

     Solo empresarial urbanizado por IGVS, Xestur e SEA S.L.  

 

 

 

     Ligazón ao solo dispoñible para a venda (Xestur)

        Solo dispoñible nos parques empresariais xestionados por Xestur Galicia, S.A.

Subir