A Xunta dálle un pulo definitivo á Plisan coa sinatura da adxudicación das cinco primeiras parcelas de solo empresarial

O asentamento das primeiras empresas na Plataforma Loxística e Empresarial de Salvaterra-As Neves está xa un pouco máis cerca. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiron esta mañá en Vigo o acto de sinatura da adxudicación de cinco parcelas na Plisan, as primeiras que se asignan dentro desta gran área empresarial.

Dos case 69.000 metros cadrados adxudicados hoxe, preto de 63.000, correspondentes a tres parcelas distintas, foron asignados á conserveira Hijos de Carlos Albo; outros 3.325 metros correspondéronlle á empresa Vallejo Low Cost; e os 2.570 restantes, ao Grupo Tecnológico Arbinova. En todos os casos, a superficie foi adxudicada en dereito de superficie, unha modalidade que lle permite aos beneficiarios acceder a solo empresarial pagando cada ano unha pequena cantidade e lles facilita así o financiamento do proceso de instalación e inicio da actividade.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-12-30 09:30:00
Subir