A Xunta adxudica por máis de tres millóns a mellora do abastecemento en Morás

A Xunta adxudicou por máis de 3,1 millóns de euros as obras de reforzo do sistema de abastecemento de auga en Arteixo e o polígono de Morás.

Os traballos, que realizará a empresa Petrolam SL, teñen un prazo de execución dun ano e consisten en mellorar a rede existente, na contorna do parque industrial de Vío ?que se abastece do encoro de Cecebre? para o que se prevé un bombeo desde Vío Baixo até Vío Alto e a construción de depósitos de regulación.

Desta maneira, prevese construír unha condución de máis de 5.000 metros desde Vío Alto até Morás. Haberá dous puntos de subministración directa ao sistema municipal, en Vilarrodís e á altura de Sabón, explica a Xunta.

Segundo o convenio asinado, o Concello financiará a actuación, correspondendo á Xunta a supervisión do proxecto e a execución do mesmo. Despois, Arteixo asumirá o seu mantemento e conservación.

O Goberno galego destaca o seu apoio ao desenvolvemento empresarial da comarca coruñesa, co impulso, tamén, de melloras nos accesos a Sabón. Nestes momentos está a realizarse a ampliación da avenida da Deputación que supón un investimento de máis de 6,3 millóns.

SEGUIR LENDO: El Ideal Gallego

Fecha publicacion: 
2021-07-07 12:00:00
Subir