A Xunta adxudica máis de 26.500 m2 de solo industrial cunha bonificación global de 665.000 euros

A Xunta adxudicou un total de 26.547,84 m2 de solo industrial cunha bonificación global de 665.271 euros.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), acaba de publicar a resolución pola que se resolve o concurso de venda de solo industrial convocado este mesmo ano.

En total, adxudicáronse 22 parcelas en 7 parques empresariais de titularidade do IGVS en Touro, Bóveda, Quiroga, Taboada, Xermade, O Barco de Valdeorras e Verín. Ademais, os empresarios beneficiáronse da política de incentivos que aplica a Xunta, grazas á cal adquiriron solo cunha bonificación de ata un 50% sobre o prezo de venta. No seu conxunto, este solo foi adxudicado por un importe total de 731.179 euros.

As parcelas adxudicadas son as seguintes:

PROVINCIA DE A CORUÑA. (3 parcelas / 2.122 m2)

Touro: 3 parcelas. 2.122 m2. Prezo: 71.499 € Bonificación: 26.397,39 €

PROVINCIA DE LUGO .(15 parcelas / 14.874 *m2)

Quiroga. Fase D: 5 parcelas. 3.750 m2. Prezo: 76.875 €. Bonificación:76.875,50  €

Xermade. Fase II. 1 parcelas. 2.349 m2. Prezo: 25.120 € Bonificación: 22.447,25 €

Bóveda. Fase II. 2 parcelas. 1.502 m2. Prezo: 16.268 € Bonificación: 16.263,96 €

Taboada. Fase I. 7 parcelas. 7.272,5 m2. Prezo: 256.993 € Bonificación: 239.757 €

PROVINCIA DE OURENSE. (4 parcelas / 9.552,34 m2)

O Barco de Valdeorras. 2-3ª fase. 3 parcelas. 6.250 m2. Prezo: 175.447 € Bonificación: 174.553 €

Pazos (Verín). Fase I. 1 parcelas. 3.302,34 m2. Prezo: 108.977,22 €. Bonificación: 108.977,22 €

Mobilizar o solo

A bonificación de compra de solo é unha das medidas que o Goberno galego manterá no vindeiro exercicio, co fin de favorecer a implantación de novas firmas ou a expansión e ampliación das que xa facilitan emprego en Galicia.

Para o 2022 reserva unha partida de 7,5 millóns de euros para esta liña de acción que ten boa acollida, tal e como demostran os 2,3 millóns de metros cadrados bonificados desde a súa posta en marcha, o que permitiu aforrar 70 millóns de euros ao tecido empresarial, aos que agora se suma a superficie adxudicada neste concurso.

Ademais, tamén se prevé unha partida de 26,6 millóns de euros para impulsar actuacións co obxectivo de optimizar un mínimo dunha vintena de parques empresarias.

FUENTE. Xunta de Galicia

 

Fecha publicacion: 
2021-10-30 15:30:00
Subir