A lei de áreas empresariais supera o primeiro trámite no Parlamento de Galicia

A lei de áreas empresariais da Xunta superou onte martes o seu primeiro trámite parlamentario co debate da toma en consideración do texto, que foi criticado polos grupos da oposición, BNG e PSdeG, que consideran que, entre outras cuestionas, limita a capacidade dos concellos e deixa en mans da Administración autonómica o desenvolvemento de parques industriais.

A encargada de presentar ante a Cámara galega a norma elaborada pola Xunta foi a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, quen incidiu en que o texto pretende "facilitar e garantir a implantación de tecido empresarial" na comunidade partindo dun "completo diagnóstico" sobre a situación actual.

"Galicia necesita unha lei de áreas empresariais para poder unificar nun só texto un marco normativo disperso", sinalou a responsable do Executivo autonómico, que tamén incidiu noutras das metas: planificar "a longo prazo", descubrir "necesidades futuras" e facilitar a execución por fases dos polígonos.

A "vontade de simplificación" dos marcos normativos "inspira", segundo a conselleira, o conxunto da lei, "sempre coas máximas garantías" de velar polos trámites de impacto ambiental e patrimonial dos proxectos. "Non podemos deixar escapar oportunidades", aseverou Anxos Vázquez.

Ler máis: Quincemil

Fecha publicacion: 
2022-06-29 09:00:00
Subir