A economía galega sube un escalón

Os membros do Foro Económico de Galicia Fernando González Laxe, Santiago Lago Penas, Patricio Sánchez e José Francisco Armesto, presentaron este martes en Santiago o informe de conxuntura económica correspondente ao segundo trimestre de 2021, no que se recolle un crecemento da economía galega do 17,5% con respecto ao mesmo trimestre de 2020. Aínda que a comparación faise co peor trimestre da pandemia, cando se viviu o máis duro do confinamento e o principio da desescalada ? o trimestre da ?desactivación? da economía, en palabras do profesor Santiago Lago-, a reactivación é significativa.

?A economía galega ha experimentado unha subida dun chanzo na recuperación?, sinalaba Fernando González Laxe. Unha recuperación que é ?notable? pero tamén ?algo incompleta? por ?o perfil volátil da economía mundial?, precisaba o catedrático de Economía da Universidade da Coruña.

Con todo, a recuperación é aínda incompleta, tendo en conta que o PIB real aínda se atopa 4,2 puntos por baixo do nivel prepandemia, comportándose mellor que a economía española (8,2 puntos por baixo).

De seguir nesta liña, o obxectivo de alcanzar de novo os niveis de actividade de prepandemia lograrase no primeiro ou segundo trimestre de 2022, precisaba Lago, quen o atrasaba para o conxunto de España a finais do próximo ano.

SEGUIR LENDO: EconomíaenGalicia

Fecha publicacion: 
2021-09-28 16:00:00
Subir