
A comarca do Barbanza, zona estratéxica na industria conserveira, non pode acoller neste momento a unha soa empresa máis nas súas superficies industriais. O catro polígonos están xa saturados.
E, aínda que existen proxectos de ampliación e creación de novas áreas, o certo é que cada día que pasa xoga en contra. As patronais levan anos empuxando ás administracións e advertindo das consecuencias da lentitude coa que avanzan eses proxectos. Nestes momentos só se atisba un novo polígono en Ribeira. Na Pobra pasaron xa tres anos desde que o Concello púxose ao choio para unha segunda ampliación do seu polígono. Rianxo terá que esperar a aprobar a PXOM para empezar a exporlla. E Boiro ten proxecto desde hai máis de dous anos para un segundo recinto, pero segue buscando desde entón o financiamento.
O Concello de Ribeira recibiu hai uns días o proxecto de urbanización do futuro polígono industrial de preto de 260.000 m2 de chan industrial na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas.
Actualmente está pendente dos informes para a súa aprobación inicial, que dará paso á exposición pública por vinte días. Se non xorden imprevistos, as obras poderían comezar no terceiro trimestre do presente ano.
O segundo concello cos deberes case listos é o de Boiro, que xa presentou en outubro de 2020 un proxecto para a construción dun novo parque empresarial na zona de Vista Alegre, a dous quilómetros do actual (situado en Espiñeira) co que se conectaría a través dun viario paralelo á autovía. Os terreos previstos ocupan unha superficie de 341.827 m2, dos cales 212.496 serían de uso industrial, 41.988 de zona verde (lindeira co cemiterio municipal) e 20.698 para equipamentos.
Leer más: El Correo Gallego