
Extracto da entrevista ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo:
No seu discurso de toma de posesión falaba como irrenunciable da conexión ferroviaria coa Plisan e o Corredor Atlántico. Que expectativas hai respecto diso?
En calquera porto a nivel europeo ou mundial, a conectividad entre a parte marítima e terrestre é imprescindible. Si que é certo que hai que facelo co máximo diálogo, falar con todos os axentes, buscar ese consenso e buscar solucións que, ao final, dean saída aos problemas que poida ocasionar. Hai que pensar que cando se fala de infraestruturas faise pensando nos próximos 10 ou 20 anos; se temos unha visión cortoplacista no tempo podemos ter problemas no futuro para todos os empregos que se xeran. As cousas tardan moito en arrincar e ás veces parece que están paradas pero non é así, senón que teñen un proceso e si é moi bo e necesario que naza do diálogo con todos e quero darlle énfase. Temos que quitar eses medos ou dúbidas e iso faise falando e facendo bos proxectos.
Hai entón boas perspectivas para a conexión coa Plisan?
Xa arrincou o contrato para facer o aparcadero da Plisan, que é imprescindible. A parte marítima non pode crecer ou ten moi pouco percorrido de crecemento por iso temos que crecer na parte terrestre, e iso podemos facelo tendo moi boa conectividad cos polígonos e coa Plisan, que é o pulmón do porto e ten que estar totalmente contectada. Niso é no que estamos a traballar, facendo unha dos maiores investimentos do Porto de Vigo. Cremos que o futuro está aí.
Ler mais: Atlántico Diario