Asturias. O PP de Pravia critica que o goberno non apostase por un novo polígono industrial

O Partido Popular de Pravia recriminaba recentemente ao equipo de goberno socialista que no pasado mandato non se traballase por desenvolver un novo polígono industrial no concello. O portavoz popular, Alberto Morán, lémbralle ao alcalde que «era necesario hai anos, e non só agora, que o Concello puxese a disposición daquelas pemes que o demandasen chan industrial de diferentes superficies, en réxime de aluguer ou venda. Ben comunicado por estrada e con conexión a internet de alta velocidade».

Desde o partido lamentan que neste sentido «Pravia careceu de chan industrial durante os últimos anos pola mala xestión do Concello», o que ao seu parecer provocou «o traslado dunha coñecida multinacional desde Pravia a Cudillero, e a perda de máis dun centenar de empregos no noso concello».

Segundo Morán, esta falta de chan industrial «tamén evitou que a empresa Toscaf ampliase aínda máis as súas instalacións en Pravia e non tivese máis remedio que levar a outro concello asturiano o seu novo almacén loxístico».

Ler máis: El Comercio

Fecha publicacion: 
2023-07-07 10:45:00
Subir