
Marta Marzoa, xerente da Asociación de Empresarios do polígono de Sabón, remarcou que «a dispoñibilidade de chan industrial no polígono é indispensable para o mantemento do emprego». Lembra que un centenar de empresas ocupan as súas máis de 2 millóns de metros cadrados de superficie útil do polígono arteixán e explica que por dimensión ou actividade as empresas asentada requiren de moitos metros e actualmente non hai chan libre. «Esta semana o pleno do Concello de Arteixo debaterá a aprobación da modificación da normativa de plan do polígono, importantísima para as empresas xa que actualmente réxense pola normativa do 1965 absolutamente obsoleta, pero tamén para os veciños de Arteixo xa que fomentará as edificacións empresariais máis amables e a integración respectuosa cos núcleos poboacionais que rodean o polígono», indica.
Ler máis: La Voz de Galicia