Arteixo programa os últimos pasos para a posta en marcha de Morás

O concello de Arteixo ultima os detalles para a posta en marcha do polígono industrial de Morás, do que restan poucos trámites. O Executivo de Carlos Calvelo levará ao pleno de septembro a constitución da entidade de conservación do recinto, unha figura formada polo Goberno local e os propietarios do polígono que se encargará do mantemento do parque.

En principio, aseguran dende o consistorio arteixán, está todo listo para que se asenten empresas, pero aínda no se pediu ningunha licencia nol concello. A pesar delo, en Arteixo teñen constancia de que existen varias empresas ademáis de Hijos de Rivera e Aluman que xa están redactando os seus proxectos e reunindo a documentación necesaria para pedir a súa licencia nos próximos meses.

En concreto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aseguraba ao comezar este año que xa tiña comprometido o 68% do solo en Morás, bien sexa a través de proxectos empresariais singulares –como é o caso de Estrella Galicia– ou de parcelas liberadas pola expropiación de terreos. A Xunta levou a cabo a reordenación de parcelas no polígono, polo que dúas plataformas de máis de 100.000 metros cadrados dividironse en parcelas máis pequenas e modificouse o terreo destinado a Estrella Galicia, que ocupará en total a extensión de dez fincas e dúas vías –que serán suprimidas–.

FONTE: El Ideal Gallego

Fecha publicacion: 
2020-08-18 15:00:00
Subir