
O Consorcio da Zona Franca de Vigo acaba de publicar o concurso para a elaboración dun estudo de implantación do que será denominado Centro de Servizos ao Transporte (CST), en Porriño. Tratarase dun complexo dotado dun megaparking para o tráfico pesado, que ofrecerá ademais servizos complementarios como aloxamento e restaurante. O contrato licitado en máis de 300.000 euros inclúe ademais do citado estudo a redacción do proxecto sectorial e de urbanización da parcela onde se construirá o CST.
Fonte.- Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-06-05 16:15:00