Zona Franca valora crear unha área de libre comercio na Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves

A Zona Franca valora crear nos terreos da PLISAN en Salvaterra o terceiro recinto de libre comercio do Noroeste, xunto cos que xa xestiona en Bouzas e Balaídos. O obxectivo é atraer investimentos estranxeiros asegurando á industria bonificacións fiscais en impostos, coa vista posta sobre dous sectores principais: a automoción e a pesca e os seus derivados.

Até a data, algo máis dunha vintena de empresas xa solicitaron información sobre a Plisan, que acaba de adxudicar o proxecto de parcelación da segunda fase a unha empresa viguesa e mantén os prazos de finalización da urbanización para finais de ano.

Fonte.- Faro de Vigo

 

Fecha publicacion: 
2019-05-14 17:00:00
Subir