Zona Franca prevé investir en 2021 case 60 millóns

O comité executivo do Consorcio Zona Franca (CZF) aprobará hoxe na súa última sesión o plan anual 2021 que contempla un investimento de case 52 millóns en activos fixos e outros 7,5 na compra e desenvolvemento de solo industrial. En 2019 este apartado sumaba 4,8 millóns de euros mentres que 2020 xa se prevé finalizar cun importe de investimento de 30 millóns de euros. Así que os investimentos en 2021 superarán 59 millones, boa parte en parques e polígonos como a ampliación de Balaídos, Bouzas, Porto do Molle, Plisan e A Pasaxe, que suman todos xuntos case 18 millóns de euros; aos que hai que sumar o investimento na nova sede de Areal, de 2,8 millóns; 1,5 millóns para o edificio do World Car Center, cuxa obra se prevé iniciar en 2021; 4,1 para a Panificadora ou 3,6 millóns de actuacións en eficiencia enerxética en parques empresarais.

Seguin lendo: Atlántico Diario

Fecha publicacion: 
2020-12-21 10:45:00
Subir