
O delegado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, comprometeuse a colaborar co Concello de Vilaboa na procura de fórmulas que permitan ao municipio emendar a falta de chan industrial.
"O apoio ao desenvolvemento empresarial é clave para o emprego e un dos grandes obxectivos do consorcio", asegura nun comunicado Regades, quen este xoves se reuniu co alcalde de Vilaboa, César Poza, e coa concelleira Carmen Gallego para coñecer os proxectos do equipo de goberno municipal para o desenvolvemento dunha área empresarial no municipio.
Poza expuxo na reunión a súa "preocupación por crear emprego e a necesidade de chan empresarial para atraer empresas ao municipio que permitan fixar poboación, especialmente entre os máis novos". Neste sentido, solicitou de Regades a súa colaboración para pór en marcha un proxecto de futuro a través do Parque Empresarial de Vilaboa, unha área que podería alcanzar os 400.000 metros cadrados nunha zona do municipio con boas conexións coa AP-9 e a N-554, así como co ferrocarril.
FONTE: Diario de Pontevedra