
Logo de realizar case un centenar de accións no exterior, alcanzando 40 países diferentes e dando prioridade a accións nos sectores audiovisual, TIC, tecnoloxía, innovación, servizos empresariais, economía azul, enerxías renovables, apoio ao turismo, distribución, loxística e transporte; a Zona Especial Canaria destaca 33 accións de promoción exterior, 22 encontros, 24 actos de captación de inversións TIC e 18 actos de captación audiovisual que lle supuxeron estar presente en todo o mundo desenvolvido.
Contaron coa colaboración do Goberno Canario e do Estado Español, así como de prescriptores público-privados, tanto nacionais como internacionais, que conectan e asesoran aos inversores sobre as incomparables vantaxes económico-fiscais de Canarias, e da ZEC en particular. Todo isto, supuxo que no ano 2018 se autorizasen 144 proxectos co compromiso de investir 196 millóns de euros e crear 1 440 empregos, onde o 64% do investimento pertencerían ao sector industrial, 19%, a servizos e 17%, a comercio. De estas, o 63% prooven do exterior, o 33% é de carácter mixto e o 4%, local.
En canto a países, destacan Italia, Alemaña, Reino Unido, EE UU, Suíza e Canadá.
Fonte.- PROEXCA