A Xunta vende 136.789 metros cadrados de solo industrial bonificado en Ourense

A Xunta de Galicia puxo á venda 136.789 metros cadrados de solo industrial na provincia de Ourense. Concretamente, na Central de Transportes de San Cibrao das Viñas e nos parques de Pereiro de Aguiar, Celanova, Vilamarín, Ribadavia, O Carballiño, Pazos de Verín e O Barco de Valdeorras. Os prezos parten de 28 no solo de uso industrial e 14 nas parcelas de equipamento, sendo unhas contías bonificadas nun 50 por cento, supoñendo un gran incentivo para a venda de solo por parte da Xunta, incentivo principalmente dirixido a emprendedores. A medida, xunto cos proxectos de ampliación de diferentes parques empresariais, forman parte dunha clara aposta polo desenvolvemento industrial por parte do goberno autonómico.

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-07-22 07:15:00
Subir