
A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas galegas ou daquelas interesadas en asentarse na Comunidade 857.085,86 metros cadrados de solo empresarial con prezo de venda bonificado nun 50% ou nun 30%, segundo a zona onde se emprace o parque. Hoxe mesmo sae publicado o anuncio do concurso coa oferta de solo de Xestur para 2021, despois de que o Consello de Administración do organismo público acordase o pasado venres a súa convocatoria para vender ou adxudicar en dereito de superficie 280 parcelas dispoñibles en 17 concellos.
O solo poderá adxudicarse en compravenda, con bonificacións sobre o prezo de venda do 50% nos parques das provincias de Lugo e Ourense, de Ferrolterra, da Costa da Morte e naqueles situados preto da fronteira portuguesa; e do 30% no resto. Na convocatoria deste ano, preto do 40% do solo que ofrece Xestur será bonificado co 50 por cento do prezo.
As empresas interesadas en presentar ofertas ao concurso poderán facelo a partir de mañá, 23 de febreiro, e ata o vindeiro 23 de marzo.
En 2021 o concurso de solo de Xestur inclúe novidades para adaptarse ás especiais condicións que vive o país como consecuencia da pandemia da Covid-19. Desta maneira, as empresas ás que se adxudique solo na modalidade de compravenda poderán solicitar unha prórroga para proceder á escrituración do solo adxudicado. En concursos anteriores o prazo era de só un mes dende a adxudicación.
Polo que respecta aos adxudicatarios de solo en dereito de superficie (unha modalidade que permite acceder ao solo a cambio dun canon anual moi reducido e con opción de compra) terán a posibilidade de solicitar tres anos de carencia para o pagamento do canon, o que supón un notable incremento do prazo respecto aos 12 meses de carencia que podían solicitar en anos anteriores. O canon correspondente ao período de carencia será prorrateado nas oito anualidades seguintes.
Por outra parte, os adxudicatarios en réxime de dereito de superficie que o desexen poderán adquirir as parcelas con bonificación ata o oitavo ano despois da adxudicación, o que supón dous anos máis que ata o de agora. Ademais, no caso de que finalmente adquiran a parcela, descontarase o 40% do pagado en concepto de canon se a adquisición se realiza nos 12 anos posteriores á adxudicación, cando ata o de agora ese prazo era de sete anos.
Tamén se incrementan os requisitos que deben cumprir os adxudicatarios para garantir o cumprimento dos obxectivos das bonificacións, que son a creación de riqueza e emprego. Así, as empresas adxudicatarias seguirán obrigadas a construír as súas instalacións e obter licenza de actividade no prazo máximo de tres anos desde a formalización da adxudicación en escritura pública, pero estarán obrigadas a manter a actividade durante un período mínimo de dez anos, que se incrementa ata 12 se a parcela se adquire co obxectivo de ofrecer naves en réxime de alugueiro a outras empresas.
O solo que ofrece Xestur no concurso de venda e adxudicación en dereito de superficie é:
ACTUACIÓN |
NÚMERO DE PARCELAS |
SUPERFICIE TOTAL (m2) |
PREZO BASE SEN BONIFICACIÓN € |
PREZO PARCELA CON BONIFICACIÓN MÁXIMA € |
PREZO MEDIO BONIFICADO €/m2 |
Arzúa |
1 |
2.011,00 |
120.660,00 |
84.462,00 |
42 |
Arteixo (Morás) |
34 |
125.192,00 |
20.552.342,40 |
14.386.639,68 |
114,92 |
Carballo (Bértoa) |
18 |
70.916,00 |
5.141.462,52 |
2.570.731,31 |
36,25 |
Cedeira |
36 |
38.677,00 |
2.674.571,25 |
1.337.285,77 |
34,58 |
Negreira |
2 |
5.747,00 |
396.543,00 |
277.580,10 |
48,3 |
Ortigueira |
43 |
50.748,00 |
2.881.104,00 |
1.440.552,00 |
28,39 |
Santiago (A Sionlla) |
56 |
242.930,50 |
33.701.112,50 |
23.590.778,75 |
97,11 |
Provincia da CORUÑA |
190 |
536.221,50 |
65.467.795,67 |
43.688.029,61 |
81,47 |
Cervo |
15 |
27.843,37 |
1.309.025,85 |
654.512,94 |
23,51 |
Lugo (As Gándaras) |
6 |
54.837,00 |
5.209.515,00 |
2.604.757,50 |
47,5 |
Viveiro |
12 |
35.689,46 |
2.601.706,35 |
1.300.853,21 |
36,45 |
Provincia de LUGO |
33 |
118.369,83 |
9.120.247,20 |
4.560.123,65 |
38,52 |
Pereiro de Aguiar |
1 |
1.461,00 |
116.880,00 |
58.440,00 |
40 |
Vilamarín |
12 |
18.721,39 |
1.244.117,11 |
622.058,57 |
33,23 |
Provincia de OURENSE |
13 |
20.182,39 |
1.360.997,11 |
680.498,57 |
33,72 |
Arbo |
19 |
21.964,20 |
1.519.912,00 |
759.956,00 |
34,6 |
Lalín |
2 |
6.523,00 |
607.150,00 |
425.005,00 |
65,15 |
Mos |
6 |
29.878,00 |
4.680.756,00 |
3.276.529,20 |
109,66 |
Ponte Caldelas (A Reigosa) |
13 |
110.972,28 |
10.479.241,90 |
7.335.469,36 |
66,1 |
Silleda |
4 |
12.974,66 |
1.137.737,05 |
672.657,64 |
51,84 |
Provincia de PONTEVEDRA |
44 |
182.312,14 |
18.424.796,95 |
12.469.617,20 |
68,40 |
TOTAL GALICIA |
280 |
857.085,86 |
94.373.836,93 |
61.398.269,03 |
71,64 |
Política de incentivos desde 2015
Desde que no ano 2015 a Xunta de Galicia estableceu unha política de bonificación do prezo do solo empresarial da súa propiedade, co obxectivo de facilitar o acceso ao mesmo por parte dos interesados en asentarse nun parque empresarial galego ou ampliar as súas instalacións xa existentes, adxudicáronse xa preto de 2,2 millóns de metros cadrados a 443 empresas con bonificacións por importe de máis de 64,3 millóns de euros. Deste xeito, o Goberno galego converteuse na única administración pública que ofrece bonificacións de ata o 50% no prezo do solo empresarial da súa propiedade.
O resultado final destas rebaixas no prezo de venda de superficie industrial é o fomento da actividade empresarial e a creación de riqueza e postos de traballo, ao tempo que tamén se incide de maneira positiva na ordenación do territorio incentivando ás empresas a asentarse en espazos especificamente creados para elas ou a trasladarse aos parques empresariais desde emprazamentos pouco axeitados para a súa actividade.
Cómpre lembrar tamén que a partir de 2016 ofreceuse ademais a posibilidade de adxudicar solo en forma de dereito de superficie, cun canon anual moi reducido por metro cadrado. O valor do solo adxudicado desde entón nesta modalidade supera os 13,5 millóns de euros.
O investimento directo en edificacións e instalacións por parte das empresas adxudicatarias de solo empresarial da Xunta de Galicia estímase que ascende a 540 millóns de euros, tendo en conta os datos que constan nas memorias aportadas polos compradores de parcelas, a ocupación media de parcelas e o custo medio de edificación das naves. Así mesmo, os postos de traballo creados estímanse nuns 5.400.
Máis solo a través do IGVS e dos parques en urbanización
Cómpre lembrar que a Xunta aínda ofrecerá máis solo empresarial bonificado unha vez se convoque o concurso de venda ou adxudicación en dereito de superficie do solo propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e se saque tamén a concurso o solo que está nestes momentos en proceso de urbanización, como é o caso das ampliacións dos parques das Gándaras (Lugo), de Xinzo de Limia e doutras localidades.
En total, ao longo de 2021 o Goberno galego ten previsto ofrecer ás empresas máis de 1,4 millóns de metros cadrados de solo empresarial bonificado repartidos en 545 parcelas e nun total de 38 concellos.
FONTE: Xunta de Galicia
MÁIS INFORMACIÓN: Xestur Galicia