A Xunta saca a concurso no polígono das Gándaras catro parcelas cunha superficie de máis de 33 000 metros cadrados de solo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de poñer a disposición das empresas interesadas catro parcelas de solo industrial no polígono lucense das Gándaras. Estes solares, cunha superficie total de 33 606 metros cadrados, están incluídos no concurso que convocou a empresa pública Xestur o pasado 10 de febreiro e en virtude do cal os adxudicatarios beneficiaranse dunha bonificación do 50% aplicada pola Xunta sobre o prezo de venda oficial.

Ademais das bonificacións do 50% aplicadas pola Xunta, a conselleira explicoulles aos empresarios do Ceao e As Gándaras que os interesados tamén teñen a opción de adquirir solo en réxime de dereito de superficie, unha modalidade mediante a cal os adxudicatarios abonan un canon anual equivalente ao 1,5 por cento do prezo da parcela sen bonificar durante os dous primeiros anos. O prazo de presentación de ofertas remata o 10 de marzo.

Por outra banda, a conselleira e os representantes do sector empresarial das Gándaras tamén falaron da ampliación do polígono, cuxa primeira fase abordarase este ano e permitirá que unha soa empresa ocupe unha superficie de 25.000 metros cadrados así como abordar a construción de vieiros interiores, unha rotonda e a urbanización de aproximadamente a metade da parcela correspondente á seguinte fase da ampliación.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-02-19 08:30:00
Subir