A Xunta saca a concurso máis de 344.000 m2 de solo empresarial para venda ou alugamento

A Xunta de Galicia saca a concurso máis de 344.000 m2 de solo empresarial para venda ou alugueiro. No concurso de venda inclúense 213.817,50 m2 en parcelas de 5 parques empresariais nas que se rexistrou concorrencia de ofertas para a súa adquisición. No caso do alugueiro, ofértanse 130.385,58 m2 en 6 polígonos industriais.

Os interesados en presentar ofertas en calquera dos dous concursos poderán facelo ata o día 12 de xullo. O prego de bases e a documentación das dúas convocatoroas está dispoñible na web de Xestur Galicia ou nas oficinas da empresa.

Concurso de venda

Na convocatoria de concurso de venda de solo industrial realizada por Xestur o pasado mes de febreiro rexistrouse a concorrencia de ofertas de varias empresas polas mesmas parcelas en varios parques, polo que non se puido atender toda a demanda.

Con obxectivo de adxudicar o solo dispoñible con total transparencia e en igualdade de condicións para todas as empresas interesadas, Xestur decidiu convocar un novo concurso para aqueles parques nos que se rexistrou esa concorrencia de ofertas.

Neste procedemento inclúense ademais novas parcelas que non estaban no anterior, como sucede no caso de Bértoa (Carballo), no que se suman dúas que en febreiro estaban condicionadas pola modificación puntual do proxecto sectorial do parque para cambiar o seu uso de terciario a industrial. Unha vez aprobada a modificación, incorpóranse á oferta de solo de Xestur.

No resto de parques empresariais, non incluídos neste concurso, a empresa xa pode adxudicar o solo de forma directa.

Os polígonos industriais incluídos neste concurso de venda de solo son os seguintes:

Morás (Arteixo). 1 parcela, 2.000 metros cadrados

A Sionlla (Santiago), 30 parcelas. 125.805,50 metros cadrados

Bértoa (Carballo), 5 parcelas. 35.083 metros cadrados

As Gándaras (Lugo), 28 parcelas. 50.244 metros cadrados

Pereiro de Aguiar. 1 parcela. 685 metros cadrados

Concurso de alugueiro

Por outra parte, co obxectivo de incrementar as posibilidades de acceso ao solo por parte das empresas e dar espazo a aquelas actividades cunha duración temporal que non precisan de construcións definitivas, que non poidan desenvolverse en parcelas rústicas por falta de solo ou ben que especificamente requiran do seu desenvolvemento nunha parcela urbana, Xestur convoca outro concurso para a adxudicación en réxime de alugueiro de 97 parcelas en 6 parques empresariais. Trátase dunha nova modalidade de acceso ao solo empresarial de promoción pública da comunidade autónoma.

O contrato de alugamento terá unha duración mínima dun ano, pero poderá prorrogarse por mutuo acordo. Incluirá un dereito de opción de compra sobre a parcela que o arrendatario poderá exercer durante a vixencia do contrato.

Os parques empresariais nos que se ofrece solo en réxime de alugueiro son os seguintes:

Cedeira, 36parcelas. 38.677 metros cadrados

Ortigueira, 40 parcelas. 48.768 metros cadrados

A Reigosa (Ponte Caldelas), 1 parcela. 9.866 metros cadrados

Silleda. 1 parcela. 4.931,50 metros cadrados

Arbo, 10 parcelas. 11.829 metros cadrados

Vilamarín, 9 parcelas. 16.314,08 metros cadrados

Fuente: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2022-06-27 06:45:00
Subir