A Xunta recibe ofertas para adquirir máis de 66.000 m2 en 6 parques empresariais cun investimento de 5 M€

A Xunta acaba de iniciar a análise para a adxudicación en 6 parques empresariais de 22 parcelas, que suman máis de 66.000 metros cadrados.

O pasado 30 de marzo pechou o prazo para a presentación de propostas para a adquisición de solo empresarial neste polígono no marco do concurso convocado en febreiro, polo que agora o Instituto Galego da Vivenda e Solo está a analizar as ofertas presentadas.

En total, as parcelas polas que existe interese suporían un investimento de 5 millóns de euros, xa aplicada a bonificación do 30% ou do 50%, segundo o polígono.

Recibíronse ofertas para a adquisición de 43.887 m2 (13 parcelas) no parque das Gándaras, en Lugo; 11.436,50 m2 (5 parcelas) na Sionlla, en Santiago de Compostela; 5.471 m2 (1 parcela) en Morás, en Arteixo; 2.592 m2 (1 parcela) en Xinzo de Limia; 1.972 m2 (1 parcela) en Carballo; e 990 m2 (1 parcela) en Ortigueira.

Cómpre lembrar que no concurso deste ano dispuxéronse catro modalidades de compra das parcelas: adxudicación con prezo bonificado, en dereito de superficie, en alugueiro e en compravenda con pago aprazado, esta última por primeira vez.

Tras a formalización dos contratos de adxudicación do concurso, o solo dispoñible na Sionlla e no resto de parques poderá adquirirse nas mesmas condicións da última convocatoria deste procedemento.

 

 

Total ofertado

Superficie

Parcelas

ARTEIXO

720.000,00 €

5.471,00m²

1

CARBALLO

90.078,39 €

1.972,00m²

1

GÁNDARAS

2.798.170,85 €

43.887,00m²

13

ORTIGUEIRA

26.730,00 €

990,00m²

1

SIONLLA

1.274.427,50 €

11.436,50m²

5

XINZO

88.957,44 €

2.592,00m²

1

TOTAL

4.998.364,00 €

66.348,50 m²

22

 

Fecha publicacion: 
2022-04-23 08:30:00
Subir