A Xunta propondrá ao Parque Tecnolóxico poñer a disposición 421.000 metros cadrados para a ampliación do parque de San Cibrao

A Xunta de Galicia, por medio do seu presidente Alberto Núñez Feijóo nunha reunión coa Asociación de Empresarios do parque de San Cibrao das Viñas, afirmou que proporá ao Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) poñer a disposición 421.000 metros cadrados en favor do parque empresarial de San Cibrao. O obxectivo é consolidar o seu liderado como un dos maiores parques empresariais da Comunidade e dar resposta a unha demanda industrial desta área e de toda a provincia de Ourense.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-11-07 09:30:00
Subir