
A Xunta de Galicia propón un convenio de colaboración co Goberno de España e co Concello de Vimianzo para o desenvolvemento conxunto do acceso ao polígono empresarial deste municipio desde a vía de altas prestacións que proxecta o Executivo galego.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, na que lle trasladou a aposta da Xunta pola suma de esforzos e a convidou a traballar conxuntamente en beneficio da competitividade do municipio.
Con este fin, a conselleira propuxo a sinatura dun convenio de colaboración polo que a Xunta se comprometería a reforzar a súa contribución ao desenvolvemento da conexión do polígono de Vimianzo coa vía de altas prestacións, pese a ser o seu desenvolvemento unha responsabilidade exclusiva do Estado, como titular do ámbito empresarial.
Fonte: Xunta de Galicia