A Xunta prevé impulsar un 8% o crecemento de Galicia con 2.600 millóns de investimento

Ascenden a 11.563 millóns de euros, o que supón un 14% máis que os de 2020, disparan o investimento e o gasto social, con 2.600 e 8.540 millóns de euros, respectivamente. O esforzo investidor será clave, dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que a economía galega recupere brío o ano que vén, para cando a previsión sobre a que elaboraron as contas públicas é que o PIB rexional creza un 8%, despois dun esborralle do 9,7% con que estiman que se pechará 2020.

As previsións macroeconómicas da Xunta contan co aval da AIREF (Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal) que justifica a diferenza coas súas propias estimacións -calcula menor caida do PIB galego en 2020 e menor crecemento o ano que vén- á contorna de incerteza actual.

Para apontoar o crecemento do próximo ano, a Xunta destaca o Ano Santo, ao que destina un investimento de 61,7 millóns de euros. Quere que se converta no primeiro gran evento da era postcovid e teña un carácter "descentralizado" en toda a comunidade.

Catro fondos

Co obxectivo de combater a pandemia, reactivar a economía e atender as necesidades de familias e traballadores en risco, o Goberno galego inclúe por vez primeira catro fondos. O denominado Covid está dotado con 503 millóns de euros; o fondo REACT-EU, de 430 millóns, está concibido para impulsar a reactivación económica e do emprego; o fondo de Garantía de Infraestruturas Sanitarias, con carácter plurianual está dotado con 105 millóns de euros servirá para financiar ao longo de toda a lexislatura infraestruturas sanitarias e mellorar grandes centros hospitalarios e centros de atención primaria. O cuarto é o fondo Consenso que, con 115 millóns (o 1% do gasto non financeiro) destinarase aos proxectos de investimento acordados pola Comisión parlamentaria de reactivación económica, dentro do Diálogo Social e das recomendacións do Comité de Expertos Económicos de Galicia.

Sen subida de impostos

O Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo mantén as rebaixas fiscais de anos anteriores, como as do Imposto de Sucesións e Doazóns; o de Transmisións de chan rústico ou explotacións no rural ou deducións no tramo de IRPF, e non os subirá para o ano que vén. En total, calcula que beneficiará a uns 115.000 galegos.

Do fondo extraordinario que o Goberno central aprobou para o saneamento das contas das comunidades autónomas por un total de 13.486 millóns de euros, a Xunta calcula que Galicia recibirá 685 millóns.

 
En canto ao pago de intereses, o proxecto de contas públicas de Galicia inclúe menos de 100 millóns de euros ao pago de intereses de débeda.

FUENTE: Expansión

Fecha publicacion: 
2020-11-23 11:45:00
Subir