A Xunta mostra o seu apoio á Cámara de Comercio da Coruña na creación dunha oficina de promoción industrial

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria mantivo unha reunión coa Cámara de Comercio da Coruña onde trasladou aos representantes da Cámara coruñesa a súa disposición a colaborar na iniciativa da oficina de Promoción Industrial. Este ente tratará o desenvolvemento de accións de atracción e promoción de investimentos, sobre todo no eido da Industria 4.0, servindo, deste xeito, como complemento ás políticas que se están desenvolvendo en Galicia.

Fonte.- Consellería de Economía, Emprego e Industria

Fecha publicacion: 
2019-05-22 12:15:00
Subir