A Xunta licitou o contrato para a redacción da segunda modificación do proxecto sectorial da Plisan

O goberno galego licitou o contrato para a redacción da segunda modificación do procecto sectorial da Plisan, no cal vai invertir 69.000 euros e que terá un prazo de execución de seis meses. A modificación do proxecto sectorial permitirá reunir nun único documento todos os cambios realizados como consecuencia da reforma da lexislación sectorial que se produciu con posterioridade. Desta maneira, toda a documentación estará nun único documento, o que facilitará o acceso á mesma.

Por outra parte, está en estudo a posible apertura ao tráfico do viario principal da PLISAN e a vía que a conecta coa autovía do noroeste, co obxectivo de facilitar o tránsito dos veciños dos núcleos de poboación próximos á PLISAN.

FONTE: Faro de Vigo

FONTE: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-06-13 09:15:00
Subir