
A Xunta de Galicia licita por preto de 190.000 euros a redacción do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial para a ampliación do parque empresarial de Toedo, no concello da Estrada.
A empresa pública Xestur publicou na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación do contrato para a redacción de dito plan, por un importe total de 189.939,01 euros. A empresa adxudicataria disporá dun prazo de cinco meses para a presentación do borrador do plan, así como a documentación necesaria para iniciar a súa tramitación ambiental.
Prevese que a ampliación do parque empresarial ocupe unha superficie de preto de 162.000 metros cadrados.
Fonte: Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2023-04-24 11:15:00