
A Xunta de Galicia acaba de licitar por un importe de máis de 290.000 euros a redacción do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) para a creación do parque empresarial de Louredo, nos concellos pontevedreses de Mos e Redondela.
A empresa pública Xestur publicou onte na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación do contrato para a redacción do referido instrumento. Os interesados teñen ata o 29 de maio para presentar as súas ofertas e a empresa adxudicataria disporá dun prazo de cinco meses para a presentación do borrador do plan, así como a documentación necesaria para iniciar a súa tramitación ambiental.
Prevese que o novo parque empresarial localizado entre os municipios de Mos e Redondela ocupe unha superficie de preto de 480.000 metros cadrados.
Fonte: Xunta de Galicia