
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, iniciou trámites para a modificación do proxecto sectorial da Cidade do Transporte de Ponte Caldelas, con fin de adaptalo ás necesidades actuais e potenciar a oferta de solo empresarial na zona de Pontevedra. A dinamización e implantación de novas empresas, así como o traslado ou ampliación das existentes que necesiten solo urbanizado, son os principais obxectivos da modificación.
Fecha publicacion:
2019-09-11 11:00:00