
A empresa pública de xestión do chan, Xestur, deu luz verde á licitación das obras que permitirán fornecer enerxía á subestación eléctrica de Formarís, unha infraestrutura que está actualmente en construción e que dará servizo ao parque empresarial da Sionlla. Xestur, dependente da Consellería de Medio Ambiente, licitou a obra por 474.351 euros. Os traballos consistirán na execución dunha liña de entrada e outra de saída á subestación, que dese modo quedará conectada coa liña de alta tensión Finsa-Sigüeiro. Esas liñas de entrada e saída estarán soterradas en parte do seu trazado e conectarán coa alta tensión nas dúas marxes do orbital.
En canto ás obras en marcha da nova subestación eléctrica de Formarís, a infraestrutura que reforzará a subministración de enerxía ao parque da Sionlla conta cun investimento de 2,5 millóns por parte de Xestur. Ademais, a subestación permitirá garantir a subministración eléctrica ás empresas que se instalen no futuro nese polígono industrial.
FUENTE: La Voz de Galicia