A Xunta licita as obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial de Vilamarín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou hoxe as obras acondicionamento das captacións e mellora do abastecemento ao parque empresarial e os núcleos das Quintás e da Ría, no concello de Vilamarín, cun investimento duns 200.000 euros. A plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica desde hoxe o anuncio desta licitación, segundo a cal as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 23 de marzo. As obras teñen un prazo de execución de catro meses.

Os traballos que se levarán a cabo, de acordo co proxecto redactado por Augas de Galicia, teñen como obxectivo a mellora do abastecemento no parque empresarial de Vilamarín, así como a os citados núcleos da parroquia de San Vicente de Readegós. A Xunta asumirá o 82,6% do seu custo, cun investimento de máis 165.000 euros e o Concello disporá o 17,3% restante, preto de 35.000 euros.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-02-27 09:30:00
Subir