
A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, anunciou un investimento de 17.000 euros no parque empresarial do Allo, no municipio coruñés de Zas. O investimento irá destinado á mellora da rede de saneamento, actualizando a infraestrutura, as instalacións de depuración e evitando o vertido de residuos ao medio natural. A actuación súmase ao investimento xeral na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, con máis de 443.000 euros, co obxectivo de dinamizar a economía da zona.
Fonte.- Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2019-09-18 09:15:00