
A Consellería de Economía, Emprego e Industria levará a cabo a mellora da rede de saneamento do parque empresarial de Santa Comba, por medio dun investimento de 119.000 euros. As obras levaranse a cabo en colaboración co Concello de Santa Comba, co fin de mellorar a capacidade da rede e a eficiencia na xestión de augas do parque, aforrando custos e problemas. As medidas encaixan no marco da Lei de implantación empresarial que trata de favorecer a captación de novos investimentos para Galicia.
Fonte.- Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2019-09-12 12:00:00