
Foi resolta a orde a través da cal a Xunta de Galicia aproba o investimento de máis de 527.000 euros en obras de mellora nos parques empresariais de Santa Comba, Dodro, Boqueixón, Ordes, Oroso e Ames. Estes investimentos son posibles grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria e suporán un investimento total na comarca de 673.000 euros dos que a Xunta aporta máis do 78%.
Fonte.- Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2019-05-29 15:45:00