A Xunta investirá 2,5 millóns de euros na construción dunha nova subestación electrica no parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela

Antes de finais de 2020 estará rematada a nova subestación eléctrica que dará servizo ao parque empresarial da Sionlla e que financia a empresa pública Xestur Galicia. A Xunta de Galicia asume un investimento de 2,5 millóns de euros para a construción da subestación, que será executada pola empresa subministradora de enerxía que construirá esta nova subestación nunha parcela cedida gratuitamente por Xestur. O servizo eléctrico ás empresas asentadas no parque empresarial da Sionlla está garantido a través do convenio asinado entre Xestur e Unión Fenosa Distribución. A nova subestación garantirá o subministro eléctrico ao parque empresarial cando todas as parcelas estean en funcionamento e tamén servirá para reforzar o subministro do polígono de Costa Vella, de titularidade municipal.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-10-28 12:15:00
Subir