
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará mañá as obras de construción da nova senda en Santa Comba de Gargantós, en San Cibrao das Viñas, como actuación complementaria á nova conexión do polígono coa A-52.
Trátase da construción dunha senda peonil na marxe esquerda da estrada local que vai ao lugar de Infesta, nas proximidades do enlace da autovía A-52 (Autovía das Rías Baixas) coa AG-31 (Autovía Ourense-Celanova), que se está a remodelar con motivo da conexión do acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas. O obxectivo desta intervención é mellorar a mobilidade e a seguridade dos peóns na contorna do enlace e no acceso ao parque empresarial.
Fonte: Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2020-05-04 11:45:00