A Xunta impulsa con 1,9 millóns de euros os clústeres galegos para potenciar a competitividade do tecido industrial

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da concesión de axudas por valor de 1,91 millóns de euros correspondentes á última convocatoria do programa de apoio á actividade dos clústeres galegos no seu impulso á competitividade das pequenas e medianas empresas. Automoción, naval, madeira, industria da alimentación e conserveira, audiovisual e edición e comunicación, TIC, granito e téxtil son os sectores produtivos nos que desenvolven as súas actividades as agrupacións apoiadas por esta liña de axudas. As axudas contribuirán a consolidar os clústeres galegos para que sigan mobilizando recursos e proxectos e reforcen o seu papel activo á hora de definir estratexias cooperativas nos diversos ámbitos de desenvolvemento tecnolóxico, ademais de continuar co seu papel fundamental de aceleradores da Axenda Industria 4.0 e impulsoras do novo modelo industrial.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-11-24 12:00:00
Subir