
A Xunta de Galicia facilita o acceso ao solo empresarial promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e a empresa pública Xestur felxibilizando as condicións de adxudicación tanto en compravenda como en dereito de superficie ata doce meses dende o remate do estado de alarma.
Tamén se facilitará unha moratoria no pago do canon ás empresas ás que xa se lles adxudicou solo en dereito de superficie e así o soliciten.
Estas medidas están destinadas a reactivar a economía e axudar ás empresas a instalarse en Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2020-05-23 09:00:00