A Xunta fai fronte a subida de prezos nas naves industriais

Durante 2018, o prezo das naves industriais en Galicia elevouse máis dun 26%, segundo o balance dos Rexistradores da Propiedade. O metro cadrado das naves industriais alcanzou os así os 280 euros, a súa maior cotización no últimos seis anos.

No ranking de custos rexional Galicia ocupa o décimo lugar con 122 euros por baixo do importe medio estatal, situado nos 402 euros, un 7,3% máis. De xeito similar a Galicia, o prezo das naves industriais tamén subiu lixeiramente noutras comunidades, por riba do 20% están Madrid, Aragón e Baleares.

Os prezos das naves industriais mantiveron unha traxectoria oscilante dende a chegada da crise. Agora, segundo os Rexistradores, nótase un cambio de tendencia, tras un longo período de axustes. En Galicia non se alcanzaba un prezo así desde 2012 e no conxunto do Estado tampouco se superaban os 400 euros por metro cadrado desde ese exercicio.

Para facer fronte a este aumento nos prezos, a Xunta conta coa Lei de Implantación de Iniciativas Empresariais aprobada en 2017, que ten entre os seus obxectivos promover a captación de inversión para a comunidade, manter en Galicia empresas que buscan expandirse e facilitar a creación doutras novas. A través desta Lei, a Xunta aprobou bonificacións de entre un 30% e un 50% na adquisición de solo empresarial en Galicia.

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-05-03 15:15:00
Subir