A Xunta executará en 2020 a mellora da seguridade viaria no contorno do parque empresarial da Pasaxe, en Gondomar, cun investimento de 435.000 euros

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe a licitación a principios de ano das obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-331, no contorno do parque empresarial da Pasaxe. Os traballos, que se executarán tamén en 2020, suporán un investimento da Xunta de 435.000 euros. Vázquez Mourelle, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, mantivo hoxe un encontro con representantes da asociación de empresarios da Paxase, aos que lles explicaron o proxecto, coincidindo coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De xeito paralelo, tal e como indicou a conselleira, mellorarase o acceso desde a PO-331 ao polígono, co reforzo do firme, nunha zona da estrada na zona máis rural. Ademais, prevese a mellora da seguridade nos pasos peonís, garantindo unha mellor visibilidade coa limitación de aparcamento nas súas proximidades e con iluminación axeitada.
Ethel Vázquez sinalou que o proxecto presentado hoxe aos empresarios non afectará á Zona de Vincios, onde a mellora da seguridade viaria se acometerá cando o Concello de Gondomar acade o consenso necesario cos veciños.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-12-12 16:45:00
Subir