Xunta e empresarios de Agrela acordan seguir impulsando a colaboración público-privada

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse onte con representantes da Asociación de Empresarios de Agrela. Unha reunión que, detallan desde a asociación, constitúe unha primeira toma de contacto desde que Lorenzana asumise a carteira de Industria, e na que ambas as partes mostraron a súa disposición a seguir impulsando a colaboración público-privada que manteñen para propiciar a implentación de empresas no polígono coruñés e mellorar a súa competitividade.

A asociación de Agrela, o polígono máis antigo de Galicia, trasladou a Lorenzana información sobre a situación do parque empresarial, os seus retos no ámbito da modernización e a necesidade de mellorar infraestruturas e a mobilidade. Na reunión tamén participou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Tal e como detallan desde a asociación de empresarios, a directiva puxo á conselleira ao tanto do día a día do parque empresarial, e trasladáronlle "as inquietudes" das empresas en materia de mobilidade e infraestruturas.

Leer más: La Opinión Coruña

Fecha publicacion: 
2023-09-15 06:45:00
Subir