A Xunta divide o polígono de Morás en catro fases para axustalo á demanda

A Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, acordou dividir a execución do polígono de Morás, en Arteixo. Sendo a maior bolsa de solo industrial do Norte de Galicia, as catro fases das que constará facilitarán a súa posta en funcionamento gradual así como un mellor axuste á demanda existente.

Cada unha das fases previstas para o parque empresarial, executaranse cada 24 meses. Os traballos de urbanización de tódalas fases terán un custo apróximado de 50 millóns de euros, onde, segundo a orde asinada polo goberno galego, se inclúe a delimitación do polígono. Isto supón felixbilizar o seu desenvolvemento sustentable, de xeito que se satisfagan as necesidades efectivas de solo no tempo.

As obras de urbanización da primeira fase, cunha superficie de 554 067 m2, xa están en marcha. O presidente da Xunta, anunciou en febreiro que ao longo de 2019 esta se porá en venda e que en total se prevé poñer a disposición das persoas demandantes 113 765 metros cuadrados.

Fonte.- La Opinión A Coruña

Fecha publicacion: 
2019-03-09 09:00:00
Subir