
A Xunta de Galicia manterá este ano a súa política de incentivos para facilitar ás empresas o acceso a solo industrial nos parques que xestiona, un obxectivo para o que mobilizará en total oito millóns de euros. Deste xeito, a empresa pública Xestur e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) sacarán á venda o próximo mes de febreiro a totalidade dos terreos que teñen dispoñibles nos seus polígonos industriais, concretamente, 545 parcelas cunha superficie total de 1.437.785 metros cadrados.
As empresas interesadas en asentarse na comunidade ou ben en ampliar as súas actuais instalacións poderán acceder a este solo cunha bonificación sobre o prezo de venda do 50% ou do 30%, dependendo da zona onde se empracen as parcelas. Ademais, darase a posibilidade de facer adxudicacións a proxectos singulares na modalidade de dereito de superficie, é dicir, a cambio do pago dun canon anual reducido por metro cadrado.
A maiores e como novidade, ofrecerase unha terceira modalidade de acceso ao solo empresarial da Xunta: o arrendamento. Para iso, realizarase por primeira vez unha oferta pública de parcelas a alugueiros moi reducidos pensada en principio para os parques de Ferrolterra e da fronteira con Portugal, aínda que podería ampliarse a outras áreas con pouca demanda. O obxectivo é dar cabida a instalacións non permanentes polo que os adxudicatarios terán que liberar a parcela en canto se presente unha oferta de compra.
Por outra banda e atendendo á situación derivada da pandemia do coronavirus, o Goberno galego tamén acordou darlle continuidade ás medidas adoptadas o ano pasado para aliviar o impacto da Covid sobre o tecido empresarial asentado nos parques de Xestur ou do IGVS.
Así, concederanse prórrogas, por causas xustificadas, sobre os tres anos fixados para concluír a edificación da parcela; estenderase a seis meses o prazo para o pago do importe da compra de solo adquirido; e ampliarase o período de carencia e o do exercicio da opción de compra para os adxudicatarios en dereito de superficie.
De feito, todos estes incentivos, recollidos nun informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre venda de solo empresarial e adxudicación en dereito de superficie, cobran unha especial importancia nestes momentos, xa que contribuirán á reactivación económica de Galicia tras a crise da Covid-19 ao servir de impulso e apoio ao tecido empresarial asentado na comunidade.
Neste sentido, a política de bonificación de prezos do solo empresarial impulsada en 2015 pola Xunta naceu co obxectivo de facilitar ás empresas o seu asentamento ou expansión en calquera dos parques do IGVS e de Xestur ao abaratar o seu prezo. Co mesmo fin, a partir de 2016 ofreceuse tamén a posibilidade de adxudicar ese solo en dereito de superficie, unha modalidade vantaxosa que lle permite ás empresas acceder a novas parcelas mediante o pago dun canon anual moi reducido por metro cadrado.
A efectividade de ambas medidas quedou demostrada coa reactivación das adxudicacións de solo empresarial nos parques dependentes da Xunta, cun balance de 1.986.032 metros cadrados vendidos entre os anos 2015 e 2020 e outros 153.305 adxudicados en dereito de superficie desde 2016, é dicir, un total de 2.139.337 metros cadrados adxudicados.
O solo adxudicado en compravenda nestes últimos seis anos supuxo o desembolso por parte dos compradores de máis de 104,6 millóns de euros, unha vez descontados xa do prezo de venda os 64,33 millóns de euros de bonificacións; mentres que o valor das parcelas adxudicadas en dereito de superficie desde 2016 supera os 13,5 millóns de euros.
Esta política de bonificacións e acceso ao solo en dereito de superficie permitiu nos últimos seis anos o fomento da actividade empresarial e a creación de riqueza e postos de traballo, ao tempo que incentivou ás empresas a asentarse en espazos especificamente creados para elas ou a trasladarse desde emprazamentos pouco axeitados para a súa actividade.
Así, o investimento directo estimado nas edificacións e instalacións ligadas á superficie que se adxudicou neste período ascende a 540 millóns de euros e grazas a el, a creación de postos de traballo que se calcula ascende a uns 5.400 empregos.
Concurso de venda de Xestur en febreiro
Polo que respecta ás previsións para este ano, o Consello de Administración de Xestur aprobará e publicará na primeira quincena de febreiro os pregos do seu novo concurso de venda de solo empresarial. O IGVS, pola súa parte, está xa a tramitar o expediente para autorizar as bonificacións para este ano, coa previsión de facelas públicas tamén en febreiro.
As 545 parcelas con 1,4 millóns de metros cadrados que se porán a disposición por parte de ambos organismos incorporarán todo o solo desenvolvido e dispoñible nos parques propiedade da Xunta, pero tamén as novas promocións que se están a executar e que, por tanto, están pendentes de comercializar. Neste sentido, na oferta de solo empresarial de 2021 incluiranse as novas comercializacións da Fase A do polígono de Morás (Arteixo), de Touro, e do parque empresarial de Xinzo de Limia, así como as novas fases dos polígonos das Gándaras (Lugo), Muimenta-Cospeito, Taboada e Quiroga.
A continuación, especifícanse as parcelas e a superficie dispoñible a comercializar en 2021 así como a porcentaxe da bonificación a aplicar, desagregada por parques empresariais:
PARQUE |
Nº PARCELAS |
SUPERFICIE m2 |
% BONIFICACIÓN |
A Sionlla (Santiago de Compostela) |
63 |
305.697 |
30 |
Negreira |
3 |
7.461 |
30 |
Arzúa |
1 |
2.011 |
30 |
Bértoa (Carballo) |
19 |
72.524 |
50 |
Cedeira |
36 |
38.677 |
50 |
Ortigueira |
43 |
50.748 |
50 |
As Somozas |
4 |
68.600 |
50 |
Melide |
2 |
4.680 |
30 |
Pontedeume |
1 |
1.139 |
50 |
Culleredo (Alvedro) |
1 |
4.700 |
30 |
Touro |
4 |
2.941 |
30 |
Morás-Arteixo |
36 |
133.661 |
30 |
TOTAL PROVINCIA DA CORUÑA |
213 |
692.839 |
|
Xermade |
12 |
11.126 |
50 |
Monterroso |
22 |
39.403 |
50 |
Porto Seco de Monforte de Lemos |
10 |
35.444 |
50 |
Lourenzá |
7 |
8.855 |
50 |
Bóveda |
6 |
4.643 |
50 |
Cervo |
15 |
27.843 |
50 |
As Gándaras |
|||
Viveiro |
12 |
35.689 |
50 |
As Gándaras |
44 |
120.559 |
50 |
Muimenta - Cospeito |
15 |
12.979 |
50 |
Taboada |
13 |
13.717 |
50 |
Quiroga |
10 |
7.605 |
50 |
TOTAL PROVINCIA DE LUGO |
166 |
317.863 |
|
Central de transportes de San Cibrao das Viñas |
2 |
23.840 |
50 |
Vilamarín |
12 |
18.721 |
50 |
Pereiro de Aguiar |
1 |
1.461 |
50 |
O Barco de Valdeorras |
11 |
30.277 |
50 |
O Carballiño |
3 |
9.118 |
50 |
Celanova |
1 |
3.274 |
50 |
Rivadavia |
1 |
1.880 |
50 |
Xinzo de Limia |
23 |
72.678 |
50 |
Pazos (Verín) |
8 |
34.815 |
50 |
TOTAL PROVINCIA DE OURENSE |
62 |
196.064 |
|
A Veigadaña (Mos) |
6 |
29.878 |
30 |
A Reigosa (Ponte Caldelas) |
14 |
122.544 |
30 |
Central de transportes de Ponte Caldelas |
59 |
37.134 |
30 |
Lalín |
2 |
6.523 |
30 |
Arbo |
19 |
21.964 |
50 |
Silleda |
4 |
12.975 |
30 |
TOTAL PROVINCIA DE PONTEVEDRA |
104 |
231.018 |
|
TOTAL GALICIA |
545 |
1.437.785 |