A Xunta destina 4 millós a mellorar as redes de distribución eléctrica de oito parques empresariais

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o Executivo autonómico destinará 4 millóns de euros á liña de axudas para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo a parques empresariais galegos.

A nova liña permitirá executar un total de oito proxectos en parques empresariais dos concellos de Vedra, Coirós e Aranga, na provincia da Coruña; Chantada en Lugo; Cortegada e Vilamarín en Ourense; e Valga e Dozón, en Pontevedra.

En total, prevese mobilizar 5,2 millóns de euros a través destas inhiciativas que contribuirán a garantir a seguridade e á calidade do servizo, unha vella demanda por parte das empresas.

As axudas concedidas ao oito concellos --dos que seis son 'emprendedores'-- cubrirán de medida o 77% do investimento e poden beneficiarse de anticipos de até o 50%.

CENSO DE CHAN EMPRESARIAL
O Goberno galego tamén aprobou o decreto polo que se regula o censo de chan empresarial de Galicia, no que estarán inscritas todas as áreas empresariais emprazadas da Comunidade, tanto as que teñan chan dispoñible na actualidade, como as previstas para o seu inmediato desenvolvemento e que servirá para coñecer toda a oferta de superficie comercializable existente, xa que o seu acceso será público.

Galicia será das primeiras comunidades en dispor dun censo de chan empresarial global co fin de facilitar información sobre as posibilidades de asentamento ás empresas que elixan a Comunidade como centro de desenvolvemento da súa actividade.

FONTE: Galicia Pres

Fecha publicacion: 
2020-10-16 16:45:00
Subir