
A Xunta de Galicia, a través do seu presidente, anunciou un investimento de 20 millóns de euros nos próximos tres anos para impulsar a Estratexia Galega de Loxística. A mesma suporá a creación de catro centros de apoio ao transporte por estrada, un por provincia, que prestarán servizos continuados e beneficiarán a 5.000 empresas, axilizando os trámites do transporte e a fluidez do proceso loxístico. A través desta iniciativa búscase fortalecer o sector loxístico na comunidade, que supón un 4 por cento do PIB en Galicia e emprega a 50.000 persoas, supoñendo cada vez unha maior realidade nos parques empresariais galegos.
Fonte: Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2019-11-08 09:45:00