
A Xunta de Galicia redactará os plans estruturantes de ordenación de chan empresarial (PEOSE) para a ampliación do chan empresarial en Mos desenvolvendo o novo parque empresarial de Arrufana en Louredo. Así o autorizou onte o Consello de Administración da empresa pública Xestur, que autorizou licitar o contrato para a redacción do PEOSE do novo parque empresarial de Mos, que se emprazará en Louredo e terá unha superficie prevista de preto de 480.000 metros cadrados. A redacción do referido plan licítase por importe de 290.309,04 euros IVE incluído.
A alcaldesa de Mos, NidiaArévalo, incidiu na importancia que terá este desenvolvemento para poder responder á demanda de superficie industrial existente no concello. ?Porque hai demanda e porque tan só restan escasas parcelas por vender no polígono existente, o de Veigadaña?, explicou a rexedora local mosense, que destacou que Mos é unhas das ?áreas estratéxicas? sendo ?o 4º municipio industrial da provincia?. Por último Arévalo celebrou a confirmación de que ?coa licitación do contrato para a elaboración do plan estruturante para o novo polígono de Arrufana por parte da Xunta de Galicia, Mos "seguirá crecendo empresarialmente, en emprego e en economía, e crecendo como territorio de oportunidades?.
Fonte: COPE