A Xunta avanza no proxecto de implantar un centro de biotecnoloxía no parque empresarial da Sionlla

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación Área Empresarial do Tambre anunciaron a colaboración para asesorar e resolver as dúbidas que poidan xurdir por parte das empresas interesadas en instalarse no centro do sector biotech proxectado no polígono da Sionlla. Para levar a cabo o proxecto reserváronse case 64 000 metros cadrados de solo na área e acadáronse acordos con diferentes institucións como o IGVS, o IGAPE, a Universidade de Santiago, o Concello de Santiago, a Cámara de Comercio e a propia asociación.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-02-17 15:15:00
Subir